lunes, 15 de junio de 2009
UD. 6 Relato en grupo
martes, 10 de febrero de 2009
UD.5 Texto expositivo
Escribímoslle porque consideramos necesaria a construcción dun skatepark en Pontevedra e non nos fan caso, será por falta de presuposto,non o creo, xa que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, emprega unhas cantidades excesivas en reparar cousas absurdas, gástase máis de 2.000€ nunhas cadeiras de deseño para o seu despacho, 180.000 € en acristalar un despacho que utiliza unha vez á semana.Ou por non falar do seu Audi A8 blindado tasado en 500.000€, aínda máis caro ca o coche de Obama ( o presidente da principal potencia do mundo ).
Todos coñecemos a falta de lugares de ocio en Pontevedra para practicar diferentes deportes (skate, bmx, roller…). Os practicantes destes deportes ; que cada vez van máis en aumento, levan reclamando anos a construcción dun lugar onde poder realizalos, aínda que non serve de nada. Hai uns anos había un en Mollabao, o cal quitaron sen previo aviso, coa promesa de facer un mellor e máis grande, pero seguimos agardando.O único que deixaron foi o mísero chamado “bowl”,que cada vez está máis cheo de xente e é moi pequeño e ademais, se vas pola rúa coa bicicleta ou o skate, a xente só fai queixarse pero non queren poñer solucións.
Esperamos que con este escrito o alcalde entre en razón e comprenda que facer un skatepark mellorará a vida da cidade e a convivencia.
Un saúdo cordial;
martes, 13 de enero de 2009
UD.4 As vangardas
-Este libro, formado por relatos breves, é unha das xoias máis valiosas da literatura galega. Publicado por primeira vez en 1926 con só oito contos.
Dieste foi engadíndolle pezas ata cegar as vinte, que compoñen a versión definitiva desta pequena e dedicada obra mestra.
(http://html.rincondelvago.com/dos-arquivos-do-trasno_rafael-dieste.html)
Definición 2
-Este es un libro de relatos escrito por un escritor gallego en gallego. Comienza con un esbozo de teoría del cuento a través de seis aforismos, estilo que muchos escrtitores de la época utilizaban para dar a conocer sus concepciones sobre el arte poética.
Constituye la primera reflexión sobre el género en las letras gallegas.
(http://es.shvoong.com/books/166199-dos-arquivos-trasno/)
Definición 3
-Este libro é un conxunto de relatos de misterio, nos que retrata a psicoloxía da xente galega e presenta experiencias extraordinarias de tipo fantástico e marabilloso.
(Libro de Lingua Galega e Literatuta ANAYA 4º ESO )
Definición 4
-Vinte relatos nos que Dieste trata con modernidade a presenza do sobrenatural no mundo natural "O conto e o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas,todas mergulladas na mesma luz".
Esta é unha das sentenzas que no limiar de limias do libro de Dieste sobre a súa forma de entender o relato.E presenta a continuación contos breves intensos,de lingua estilizada ,nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade.
(http://www.xente.mundo-r.com/anvi/exercicios_de_lingua/exercicios/libros.htm)
Definición 5
-Esta obra recolle vinte relatos de Dieste que van desde a historia dun xoguete ata de como veu a Rianxo unha balea pasando por Nova York é noso ou o drama do cabalo de xadrez .
(http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/05/08/1079612.shtml)
Definición feita polos membros do grupo
-Este è un libro que consta de 20 pezas,formadas por relatos de misterio breves.Constitúe unha das obras máis importantes da prosa vanguardista galega,pertencente a une escritor tamén galego.Trata as formas e os costumes da xente galega,centrándose en actos,tanto reais coma fantásticos.
Rodrigo Llano nº6
Alejandro Santiago nº17
Óscar Villaverde nº19
sábado, 6 de diciembre de 2008
UD. 3 O grupo Nós
Don Fernando era un político ao qe lle deran todo feito. O seu pai era coñecido como corvo, polo mala persoa que era, queréndolle quitar aos demais todo o que puidese, volvendo a don Fernando, este era un home de gran estatura, con máis xenio ca seu pai, que xa é dicir, parecéndose a un cabalo salvaxe, xa que andaba polo mundo libremente sen atender a normas, polo pelo que tiña no pescozo e así como pola súa avaricia e testarudez. Este home era de constitución atlética aínda que a barriga cerveceira non llela quita ninguén, como bo galego que era. Chegou á política, supoño porque nas festas do pobo, lle tocou na tómbola o seu cargo; posto que unha persoa tan preguiceira e pailana, non adquire esa responsabilidade nin de coña, aínda que nesta localidade pódese esperar calquera cousa.
Óscar Villaverde Nº19
Rodrigo Llano Nº6
Alejandro Santiago Nº17
miércoles, 5 de noviembre de 2008
UD 1. A literatura no tempo das irmandades.
Galiza ,Galiza,
lugar de chourizos pero non de longanizas.
Ai miña terra galega
que a nós sempre te achegas
Catro provincias, mil paisaxes
pero sempre a mesma personaxe.
Paisaxe de pradeiras, bosques e costas,
rías, montes e ricas langostas.
Sempre levareite no meu corazón,
E non heime separar de ti, ¡Non!
2.- Poesía cívica
Mandan e ordenan,sentados nas súas cadeiras
Son os políticos, mal nacidos,
que marcan a nosa vida enteira.
Prométennos todo: aumento nas nóminas,
reducción do paro, todo o que está na nosa cabeza.
prometen e prometen, pero só prometen.
BNG, PP, PSOE que máis dará, mentireiros todos
gañanes, ilusos e estafadores, estafan ao cidadán.
política necesaria pero mellor razoada.
O noso punto de vista está dado
e sen máis ímonos que estamos agobiados.