martes, 10 de febrero de 2009

UD.5 Texto expositivo

Estimado alcalde de Pontevedra o señor Miguel Ángel Lores:

Escribímoslle porque consideramos necesaria a construcción dun skatepark en Pontevedra e non nos fan caso, será por falta de presuposto,non o creo, xa que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, emprega unhas cantidades excesivas en reparar cousas absurdas, gástase máis de 2.000€ nunhas cadeiras de deseño para o seu despacho, 180.000 € en acristalar un despacho que utiliza unha vez á semana.Ou por non falar do seu Audi A8 blindado tasado en 500.000€, aínda máis caro ca o coche de Obama ( o presidente da principal potencia do mundo ).
Todos coñecemos a falta de lugares de ocio en Pontevedra para practicar diferentes deportes (skate, bmx, roller…). Os practicantes destes deportes ; que cada vez van máis en aumento, levan reclamando anos a construcción dun lugar onde poder realizalos, aínda que non serve de nada. Hai uns anos había un en Mollabao, o cal quitaron sen previo aviso, coa promesa de facer un mellor e máis grande, pero seguimos agardando.O único que deixaron foi o mísero chamado “bowl”,que cada vez está máis cheo de xente e é moi pequeño e ademais, se vas pola rúa coa bicicleta ou o skate, a xente só fai queixarse pero non queren poñer solucións.
Esperamos que con este escrito o alcalde entre en razón e comprenda que facer un skatepark mellorará a vida da cidade e a convivencia.

Un saúdo cordial;