sábado, 6 de diciembre de 2008

UD. 3 O grupo Nós

Don Fernando era un político ao qe lle deran todo feito. O seu pai era coñecido como corvo, polo mala persoa que era, queréndolle quitar aos demais todo o que puidese, volvendo a don Fernando, este era un home de gran estatura, con máis xenio ca seu pai, que xa é dicir, parecéndose a un cabalo salvaxe, xa que andaba polo mundo libremente sen atender a normas, polo pelo que tiña no pescozo e así como pola súa avaricia e testarudez. Este home era de constitución atlética aínda que a barriga cerveceira non llela quita ninguén, como bo galego que era. Chegou á política, supoño porque nas festas do pobo, lle tocou na tómbola o seu cargo; posto que unha persoa tan preguiceira e pailana, non adquire esa responsabilidade nin de coña, aínda que nesta localidade pódese esperar calquera cousa.




Óscar Villaverde Nº19

Rodrigo Llano Nº6

Alejandro Santiago Nº17

miércoles, 5 de noviembre de 2008

UD 1. A literatura no tempo das irmandades.

1.- Poesía paisaxística.

Galiza ,Galiza,

lugar de chourizos pero non de longanizas.

Ai miña terra galega

que a nós sempre te achegas

Catro provincias, mil paisaxes

pero sempre a mesma personaxe.

Paisaxe de pradeiras, bosques e costas,

rías, montes e ricas langostas.

Sempre levareite no meu corazón,

E non heime separar de ti, ¡Non!



2.- Poesía cívica


Mandan e ordenan,sentados nas súas cadeiras

Son os políticos, mal nacidos,

que marcan a nosa vida enteira.

Prométennos todo: aumento nas nóminas,

reducción do paro, todo o que está na nosa cabeza.

prometen e prometen, pero só prometen.

BNG, PP, PSOE que máis dará, mentireiros todos

gañanes, ilusos e estafadores, estafan ao cidadán.

política necesaria pero mellor razoada.

O noso punto de vista está dado

e sen máis ímonos que estamos agobiados.

viernes, 26 de septiembre de 2008

traballos de clase. Lingua galega

Neste blog faremos os traballos de clase de lingua galega.